Google podería ter que deixar a marca Gmail en Europa

luns, 24 de marzo do 2008 Marcus Fernández

En 2005 o alemán Daniel Giersch levou ós tribunais a Google polo nome do seu servizo de correo electrónico Gmail ó coincidir coa súa marca G-mail, rexistrada en Alemaña e Suíza para un servizo de correo electrónico, polo que consideraba que Google non podería chamar en Europa Gmail ó seu correo, criterio que comparte un tribunal de Zurich, que dictou sentenza contra Google nos pasados días.
Dende Google argumentaron que existen moitos servizos co sufixo mail precedido dunha letra, así como o feito de que o logotipo de G-mail non se parece ó de Gmail nin en cores nin en tipografía, o que non convenceu á OAMI, que considerou que tanto fonética coma visualmente as marcas son moi semellantes.
Google podería recorrer a sentenza, pero todo apunta a que Gmail podería pasar a chamarse Google Mail en Europa.

PUBLICIDADE