Google podería estar a producir tablets que ven en tres dimensións

venres, 23 de maio do 2014 Marcus Fernández

En febreiro comentamos que Google estaba a desenvolver un proxecto chamado Tango no que aproveitarían smartphones dotados cunha serie de sensores 3D para permitir o modelado do contorno, de xeito que crearía completos mapas do interior de edificios, e agora as páxinas do The Wall Street Journal recollen que esta iniciativa de visión avanzada dende dispositivos móbiles podería dar o salto aos tablets, prevendo a compañía producir uns 4.000 prototipos con pantallas de 7 polgadas, dúas cámaras traseiras, sensor de infravermellos e software avanzado que poderían realizar capturas tridimensionais.
Ao parecer estes tablets distribuiríanse no evento para desenvolvedores Google I/O que terá lugar no mes de xuño, o que facilitaría que nos vindeiros meses houbese máis profesionais podendo explorar o potencial desta tecnoloxía que podería ter múltiples usos que irían dende a dixitalización de interiores ata os videoxogos, pasando por solucións que sirvan para guiar a persoas con deficiencias visuais.

Os sistemas de visión avanzada en 3D poderían ser de grande utilidade para guiar a invidentes


Vídeo de presentación do proxecto Tango

PUBLICIDADE