AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Google podería cesar finalmente as súas actividades en China

luns 15 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A relación entre Google e o Goberno chinés está nun momento crítico, e agora chegan a asegurar que a posibilidade de que Google cese as súas actividades en China cumprindo coas súas ameazas previas serían do 99,9% ante o feito de que as negociacións coas autoridades chinesas están atascadas.
Dende Google denunciaron padecer un importante ataque informático no que existiría certa implicación do goberno local, e poñían coma condición para continuar a operar en China o cesamento da censura de contidos no país asiático, mentres que o primeiro ministro chinés asegura que as empresas estranxeiras son benvidas no país sempre que respecten as súas leis e o ministro de Industria e Tecnoloxía da Información incluso matizou que «a multinacional ten a liberdade de irse ou quedar» e, no caso de decidir esta última opción, «o sector da Internet non se verá afectado por elo e seguirá desenvolvéndose rapidamente» pois non debemos esquecer que Google en China é un buscador minoritario.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS