Google permítenos viaxar ao Brasil a través de Street View

xoves, 5 de xuño do 2014 Marcus Fernández

De cara á celebración do Mundial de Fútbol de Brasil, Google púxose mans ao asunto, e incorporou a Google Maps os 12 estadios nos que se desenvolverán os partidos e incluso as rúas pintadas que responden a unha tradición durante as competicións brasileiras, o que permitirá preservar en Street View este representación artística efémera.
Aproveitando a ocasión, dende Google tamén reforzaron os seus mapas no Brasil, incorporando numerosas localizacións destacadas para o seu percorrido a través de Street View, como o Parque Nacional de Iguazú, os bosques do Amazonas, o Museo do Fútbol ou a Galería do Rock.
Brasil non é o único país de América latina no que Street View está a reforzar a súa presenza, e dende Google tamén convídannos a visitar a pé de rúa Perú, Chile, Colombia e México.

PUBLICIDADE