Google permite viaxar á Internet do ano 2001

mércores, 1 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Para celebrar os seus 10 anos de vida dende Google decidiron lanzar unha versión do seu buscador elaborada en colaboración co Internet Archive de xeito que nos permite realizar consultas no que era Google en 2001, cando só tiña na súa base de datos 1,3 millóns de páxinas web.
Esta web conserva o vello logotipo do buscador e nos deixa lembrar o pequena que era a web hai pouco máis de 7 anos, resultando difícil atopar contidos en galego e español sobre temas dos que na actualidade hai moita información na Rede. Para facer máis realista a experiencia, aos resultados de busca se lles incorpora unha ligazón á copia das webs gardadas no Internet Archive, ou sexa, tal e como eran en 2001.

PUBLICIDADE