Google permite usar mapplets nos seus mapas personalizados

mércores, 11 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Google quere incrementar a forza do seu servizo de mapas para que se convertan nunha plataforma na que se poida compartir e buscar información, polo que hai pouco máis dun mes engadiron os mapplets (que permite integrar mini-aplicacións en Google Maps), que se suman á posibilidade de facer mapas personalizados (Mis Mapas), e así agora as dúas novas funcionalidades se relacionan entre si, de xeito que podemos tirar proveito dos mapplets nos nosos mapas personalizados.


Demostración do funcionamento dos mapplets nos mapas personalizados

Actualmente xa hai unha boa colección de mapplets que permiten consultar xeograficamente datos como os prezos do carburante, hoteis, casas en venda, prazas libres nun aparcadoiro, redes de metro, temperatura e velocidade do vento, situación de cámaras web, fotos en Flickr sacadas en cada posición, horarios dos cines,... que podemos engadir de xeito doado a mapas creados por nós e nos que indiquemos os puntos do noso interese, o que pode ter múltiples usos que van dende a planificación das vacacións ata o estudo demográfico de rexións, pasando por usos esporádicos como puro lecer.
Para empregar estas novas ferramentas só é preciso entrar en Google Maps estando identificado como usuario en Google.

PUBLICIDADE