Google optimiza o seu buscador de imaxes para Android e iPhone

xoves, 29 de abril do 2010 Marcus Fernández

Dende Google continúan a mellorar a experiencia de uso do seu buscador dende dispositivos móbiles, de aí que veñan de redeseñar a seu buscador de imaxes para móbiles iPhone 3.0 ou superior e dispositivos Android 2.1, para os que presenta miniaturas cadradas para maximizar o número de imaxes en pantalla nos resultados, estrea a posibilidade de moverse entre as imaxes resultantes mediante xestos táctiles e optimizaron a velocidade de aparición das imaxes no navegador web dos móbiles.
Ao ver as versións aumentadas das imaxes, o fondo de pantalla aparece en negro para resaltar as imaxes, e os botóns de navegación esvaecen aos poucos segundos para non distraer. En definitiva, temos unha interesante optimización da busca de imaxe en dispositivos móbiles, coma podemos apreciar no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE