Google mellora o seu buscador de blogs
venres 3 de xullo do 2009, por | |
| Compartir |
Google conta
dende hai tempo cun buscador
especializado en blogs, que vén de incorporar varias
novidades que poden ser de grande utilidade para os seus usuarios,
coma o feito de que as consultas que fagamos poden xerar un fluxo RSS ou Atom
con resultados de busca, o que resulta de grande utilidade para subscribirnos
aos mesmos dende lectores de feeds
coma Google Reader e así estar ao tanto das novidades que se comenten na
blogosfera sobre os temas do noso interese, ou incluso poden
engadirse os resultados actualizados á nosa páxina en iGoogle a través dun
gadget.
Amais tamén incorporaron unha sección coas consultas máis activas no buscador
de blogs e outra coas últimas entradas en certos blogs populares. Estas novas
seccións poden servir para achegar información de máxima actualidade ou para descubrir
novos espazos, pero polo momento estas
características están pouco maduras,
e nin sequera discriminan os elementos publicados por categorías, polo que a
súa utilidade é moi limitada.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














