Google leva o arquivo fotográfico da revista LIFE á web
mércores, 19 de novembro do 2008
O servizo de
busca de imaxes de Google permitirá a consulta dos preto de 10 millóns de
fotografÃas que compoñen o arquivo
fotográfico da revista LIFE, estando xa accesible sobre o 20% destes
fondos, polo que podemos ver na Internet toda unha serie de imaxes captadas
polas cámaras de mestres da fotografÃa coma Alfred
Eisenstaedt, Gjon
Mili e Margaret
Bourke-White, retratos de personaxes históricos (dende Marie
Curie ata Pablo
Picaso, pasando por figuras máis actuais coma George
Lucas), documentación gráfica de momentos históricos (a chegada
do home á lúa, a guerra
de Vietnam, etc.), imaxes que reflicten acontecementos deportivos e
actividades culturais e, en definitiva, todo un catálogo de imaxes tomadas
dende mediados do século XVIII.
- Dentro do arquivo de LIFE están moitas das portadas da revista TIME
As imaxes atopadas se poden visualizar a un tamaño bastante grande,
incorporando unha marca de auga para
indicar claramente que os dereitos de reprodución das mesmas corresponden a
LIFE, e incluso se
achega a posibilidade de mercar unha copia impresa e enmarcada das nosas
fotografÃas favoritas.
Con esta iniciativa dá a impresión de que Google poderÃa comezar a competir cos
moitos servizos de bancos de imaxes que operan a nivel mundial (vendendo imaxes
de alta resolución para uso comercial), aÃnda que a compañÃa non manifestou os
seus plans de futuro a este respecto.