PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Google lembra que os dominios .yu desaparecerán o 30 de setembro

mércores 1 de xullo do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Os dominios de Internet non son algo eterno, e así moitos servizos dos que utilizabamos hai anos foron pasando á historia, o que fai que deixen de funcionar as ligazóns aos mesmos e os seus enderezos de correo electrónico o que ocasiona non poucos problemas, e para que a xente vaia tomando medidas, dende Google lembran aos administradores de páxinas web que o dominio que correspondía a Iugoslavia, o .yu, deixará de operar o vindeiro 30 de setembro, polo que todos os dominios de segundo nivel con tal terminación quedarán inoperativos, de xeito que os seus administradores deberán planificar migracións a dominios alternativos, recomendando dende Google que se realice a operación o antes posible, para que se poidan marcar nas páxinas actuais coma redireccións ao espazo novo, para non perder así a súa relevancia nos buscadores.
O certo é que non existen moitos precedentes de peches dun dominio de primeiro nivel, pero a experiencia será moi útil de cara ao futuro, xa que é moi posible que a historia se remita con dominios esponsorizados ou incluso con algún ccTLD coma os .tv, que poderían desaparecer ante a fraxilidade da illa á que corresponde tal sufixo de Internet (que podería desaparecer nos vindeiros anos).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS