Google informa sobre as buscas máis populares do ano

mércores, 10 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Google realiza periodicamente unha análise das tendencias de busca a través da súa web, que denomina Zeitgeist, e que ao rematar o ano recolle de xeito global e segmentando por países, de xeito que así sabemos que as buscas de maior crecemento a nivel mundial foron Sarah Palin, Beijing 2008, Facebook login, Tuenti, Heath Ledger, Obama, Nasza Klasa, Wer Kennt Wen, Euro 2008 e Jonas Brothers, o que nos serve como barómetro da actualidade anual, na que vemos como a política e os deportes teñen un lugar moi destacado, sorprendendo que a plataforma de redes sociais española Tuenti lograra colarse nun cuarto posto o que tanto serve para medir a súa popularidade como acusa que os seus usuarios tenden a usar Google coma se tratase da barra de enderezos do seu navegador.
No caso español, curiosamente Tuenti cae a un 2º posto, estando véndose superado por fama (entendemos que polo programa de televisión) e seguido por cintube, facebook, hi5, fotolog, myspace, youtube, badoo e loquo, volvendo a percibirse o uso de Google como barra de enderezos, e sorprendendo que apareza nunha posición moi destacada unha web dedicada á descarga de material audiovisual (incluíndo películas de estrea nos cines).
Pero ata o momento falamos de buscas emerxentes, pois as buscas máis populares en España son máis conservadoras, aparecendo en primeiro lugar youtube, seguindo por juegos, hotmail, marca, juegos juegos, tuenti, yahoo, videos, you e as.
O Zeitgeist anual de Google tamén nos serve para destacar a popularidade das series televisivas de Heroes, Prison Break, Perdidos, House e Los Hombres de Paco, dos deportistas Rafael Nadal, Almudena Cid, Pau Gasol, Gemma Mengual e Michael Phelps, dos ministros Bibiana Aido, Pedro Solbes, María Teresa Fernández de la Vega, Celestino Corbacho e Cristina Garmendia e incluso de blogs, entre os que destacan os económicos El Blog Salmón e La Crisis Ninja, seguido polo deportivo blog de Antonio Lobato, a web oficial de Risto Mejide e o Bañeres Blog.

O Zeitgeist sorprende ao apuntar a emerxencia dunha web dedicada á descarga de contidos audiovisuais

PUBLICIDADE