Google incorpora negocios locais nos seus resultados de busca

mércores, 8 de abril do 2009 Marcus Fernández

Dende Google avisan de que o seu buscador está a volverse máis local se é posible, de xeito que cando agora buscamos por palabras correspondentes a establecementos (restaurantes, museos,…) ou servizos profesionais (dentistas, fontaneros,…) entre os resultados aparece un recadro no que se sitúan estes elementos no mapa coma se os buscásemos a través de Google Maps, partindo da nosa posición física actual para reflectir os resultados máis próximos xeograficamente.
Dende Google calculan a posición do usuario a través do seu enderezo IP e outros métodos, e no caso de erro, permite ao usuario modificar a ubicación presentada, enriquecendo con buscas locais as pescudas habituais no seu sistema, o que pouco a pouco irá avanzando máis grazas á xeolocalización de dispositivos móbiles que permitirá un uso da web cada vez máis persoal, así como a desaparición de servizos coma os de Páxinas Amarelas (que quedarían totalmente obsoletos).

PUBLICIDADE