Google estrea perfís para xestionar a nosa identidade dixital

mércores, 22 de abril do 2009 Marcus Fernández

Para facilitar a localización persoal na web, nun momento no que a xente tende a ter a súa propia identidade dixital repartida entre distintos servizos coma redes sociais ou almacéns de imaxes e vídeos, Google permite a creación de perfís persoais nos que o usuario pode incorporar información básica que permite identificalo, coma o seu enderezo, números de teléfono, enderezo de correo electrónico, fotografías e ligazóns, permitindo un certo control sobre a imaxe persoal, o que se reflectirá nos resultados de buscas de Google (actualmente só operativo para nomes estadounidenses).
A información recollida en cada perfil estará dispoñible de xeito parcial na web, de xeito que só os usuarios autorizados poden acceder á información de contacto (podendo activar a opción de recibir correos electrónicos sen publicar o noso enderezo) acadando un equilibro entre a protección da intimidade e a presenza na web.

PUBLICIDADE