Google está a traballar nunha aplicación móbil de recoñecemento facial

xoves, 31 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Hartmut Neven nunha fotografía publicada pola CNN</A>

Hartmut Neven, director do proxecto de recoñecemento de imaxes de Google, asegura que están a traballar nunha aplicación móbil que permita aos usuarios tomar fotografías das caras da xente para acceder á súa información persoal, para o que os usuarios deberán conceder permiso previamente (permitindo así que Google analice as súas fotografías e permita combinalas coa súa información persoal).
Está claro que esta tecnoloxía pode resultar moi útil, pero tamén ten moitos riscos de cara á protección da privacidade dos individuos, problemática que Neven recoñeceu nunha entrevista para a CNN, na que non detallou os prazos previstos para o lanzamento desta interesante aplicación que está a ser moi demandada polo público, aínda que recoñecen que para unha empresa do tamaño de Google é un asunto excesivamente arriscado, non tecnicamente, senón na comentada protección dos datos persoais.

PUBLICIDADE