Google espalla a todo o mundo o seu sistema de verificación de feitos

venres, 7 de abril do 2017 Marcus Fernández

Nos últimos meses a divulgación de información falsa a través da Internet converteuse en toda unha preocupación nos EE.UU., por ter detectado que tal fenómeno chegou a niveis disparatados, chegando a eclipsar á información rigorosa nalgúns contextos, e por iso compañías como Google ou Facebook iniciaron sistemas para loitar contra as falsidades, entre os que destaca a solución de verificación de feitos de Google, que finalmente ábrese ao resto do mundo, de xeito que nos resultados de busca poderemos ver certa información publicada foi posta en cuestión e a correspondente resposta á reclamación presentada por algún usuario.
A partires de agora os medios presentes en Google News (plataforma que por desgraza non está operativa en España como reacción de Google ante a lexislación local que esixiríalles pagar aos medios de comunicación por publicar extractos das súas novas no seu buscador especializado) poderán etiquetar as súas informacións para que sexa posible que os usuarios poidan presentar unha reclamación para un contido, o que fará que nos resultados de busca figuren os datos postos en cuestión e a verificación da mesma por unha fonte acreditada (ou sexa, que non é Google quen se encarga de verificar as informacións xornalísticas, de aí que este novo mecanismo aposte pola transparencia).
Esta solución permitirá que os lectores de novas poidamos tomar decisións informadas, de xeito que teremos máis doado saber se as declaracións feitas por políticos son certas, se certas alarmas sanitarias que chegan de fontes non oficiais son de fiar ou simplemente se unha nova rechamante é froito da imaxinación dun redactor que só busca captar tráfico para xerar ingresos publicitarios.
Da verificación das informacións encárganse actualmente 115 membros da comunidade Fast Check, que no caso español conta con 4 colaboradores: La Chistera de El Confidencial, Polétika, VerdadMentira de Periodista Digital e El Objetivo de Atresmedia.

Así é como vemos actualmente os resultados de busca en Google cando atopamos unha nova posta en cuestión. Polo momento esta funcionalidade non se aplica á versión de Google en galego.

PUBLICIDADE