Google entrará no sector do software

luns, 14 de maio do 2007

O presidente de Google, Eric Schmidt, confirmou que a súa empresa está a preparar a súa entrada no mercado do software, polo que as buscas e a publicidade non será xa os seus únicos obxectivos corporativos, situando as aplicacións informáticas no seu punto de mira.
Ata o momento Google tiña distintos servizos en liña (que van dende o correo electrónico ó procesado de textos) pero agora abriranse ó escritorio e podería buscar complementarse con outros servizos da empresa (de xeito que crearían versións premium de pago).

PUBLICIDADE