Google e o NORAD colaboran para informar en tempo real da viaxe de Santa Claus dende o Polo Norte

martes, 2 de decembro do 2008 Marcus Fernández

En 1955 un anuncio da empresa Sears Roebuck & Co. con sede en Colorado Springs suxería aos nenos a chamar a Santa Claus por teléfono, pero o número indicado se imprimiu incorrectamente, de xeito que coincidía co do Comando de Defensa Aérea Continental (CONAND) norteamericano, e o director de operacións da época, Harry Shoup, puxo á súa xente a comprobar os sinais de radar que indicaran a ruta de Santa Claus dende o Polo Norte, dando información actualizada aos nenos que chamaban, nacendo así unha tradición que se mantén ata hoxe en día. A entidade que fai un seguimento de Santa Claus é agora o NORAD e para difundir a súa información conta coa axuda de Google, que durante Noiteboa recollerá a información da ubicación da zorra voadora de Santa Claus en tempo real, o que se poderá seguir tanto dende Google Maps como en Google Earth.
Incluso existen toda unha de cámaras distribuídas en cidades de todo o mundo para rexistrar a visita de Santa, polo que os cativos que estean interesados no asunto poden visitar a web do NORAD creada a tal efecto.


Recompilación das imaxes captadas polas cámaras de Santa Claus o Nadal pasado

PUBLICIDADE