Google e YouTube axudarán a facer un seguimento das eleccións norteamericanas

luns, 7 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Ante a chegada das eleccións presidenciais dos EE.UU. dende Google dan conta que tanto o seu buscador como YouTube poden empregarse como potentes ferramentas para estar informados do que acontece ao outro lado do Atlántico durante a xornada, de feito que cando ese día busquemos sobre os comicios dende Google atoparemos datos sobre o escrutinio en tempo real, permitindo consultar os datos a nivel nacional e estatal. Esta información achegarase a equipos de escritorio, á web móbil e á aplicación de buscas de Google e tamén incluirá os referendos e propostas electorais a nivel estatal recollidos por Associated Press.
No caso de YouTube a contribución chegará por parte das organizacións de novas que están a optar en moitos casos por esta plataforma para informar en tempo real, de xeito que durante a noite do martes poderemos acceder a emisións en liña da NBC, PBS, MTV, Bloomberg, Telemundo e The Young Turks para facer un seguimento dos resultados en vivo, ao que Complex News contribuirá de xeito moi especial cun evento especial que realizan dende o YouTube Space de New York.

PUBLICIDADE