Google deixa probar o seu novo motor de busca

martes, 11 de agosto do 2009

Nos últimos meses os enxeñeiros de Google traballaron nunha nova xeración da busca web, creando un novo motor de busca alcumado Caffeine, e que melloraría en velocidade e precisión, e destacaría porque a relevancia dos contidos será temporal.
O proxecto parece estar bastante avanzado, e para que o público poida botarlle un ollo, está actualmente en aberto esta nova versión do buscador, que polo momento non é nin mellor nin peor, senón diferente.

PUBLICIDADE