Google colabora con MasterCard e Citigroup para facilitar os pagamentos co móbil

luns, 28 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O Nexus S destaca fronte ao seu irmán, o Samsung Galaxy S, por integrar tecnoloxía NFC

Google anunciou que pechou un acordo de colaboración con MasterCard e Citigroup para facilitar a realización de pagamentos con móbiles Android aproveitando a tecnoloxía NFC que incorporaron hai pouco no Nexus S fabricado por Samsung. Con esta tecnoloxía os usuarios de móbiles con NFC poderían realizar compras pasando o seu terminal xunto a un pequeno lector, o que busca converterse nun estándar como as tarxetas de crédito, e que podería aproveitar os datos que Google ten de cada usuario para que as compañías poidan dirixirlles anuncios e promocións personalizadas en un principio Google non collerá tallada dos pagamentos realizados con este método.
Polo momento o proxecto entre as 3 compañías está nun estado incipiente, pero a intención de utilizar o móbil coma un moedeiro electrónico está clara, aínda que para a súa popularización teremos que agardar a que os móbiles con NFC teñan unha importante cota de mercado e os establecementos comerciais conten con TPV compatibles.

PUBLICIDADE