Google celebra o 47º aniversario do código de barras

mércores, 7 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios que hoxe visitas Google atopan como o logotipo do buscador de Internet foi substituído por un código de barras, e temos que advertir que non é debido a que estean a celebrar o 8º aniversario de Código Cero, senón que celebran o 57º aniversario da primeira patente dos códigos de barras, que foran inventados por Norman Woodland e Bernard Silver e presentados ante a oficina de patentes en outubro de 1949, aínda que non foi ata o 7 de outubro de 1952 cando foi recoñecida como a patente nº 2.612.994.
O primeiro tipo de códigos de barras era circular, pero existen moitas variedades, sendo o amosado por Google o que utiliza codificación Code 128, que é a estándar para carácteres ASCII, e precisamente almacena a mensaxe de texto «Google», pasando a engrosar a inmensa colección de logotipos conmemorativos de Google.

O logotipo conmemorativo tamén está presente nos resultados de busca

PUBLICIDADE