Google busca novos cerebros nas universidades españolas

mércores, 11 de xullo do 2007 Marcus Fernández

O diario El País informa de que Google está a recrutar universitarios españois, organizando as visitas a 12 universidades españolas o madrileño Hugo G. Fierro, que xa leva 2 anos traballando para o buscador de Internet, e que pretende captar ós alumnos máis brillantes nunha iniciativa de Google na procura de talentos máis aló das fronteiras norteamericanas.
A xira polas universidades españolas realizarase o vindeiro outono, e supón só o primeiro paso no proceso de selección de persoal de Google (ó que seguiría numerosas entrevistas antes de que os titulados pasen a integrarse na compañía).
Dende Google buscan perfiles moi técnico, e os estudantes tamén precisarán dun bo nivel de inglés, aínda que destaca o feito de que buscan currículos que non se baseen só nun bo expediente académico, pois tamén procuran que os seleccionados sintan paixón pola tecnoloxía (así valorarán as bolsas de verán, as experiencias laborais, os proxectos independentes ou a participación no desenvolvemento de software libre).
Os estudantes que non estean matriculados nas universidades visitadas tamén poden enviar o seu currículo directamente a Google ou achegarse á Campus Party de Valencia, a onde tamén acudirán na busca de novos cerebros.

PUBLICIDADE