Google achega un curso de balde para que medre a casa de desenvolvedores Android
xoves, 17 de xullo do 2014
Que Google quere ter a
canta máis xente mellor desenvolvendo aplicacións para o seu
sistema operativo (Android) era cousa sabida. O que non deixa de ser
unha sorpresa é que para acadar a máxima cifra de participación se
dispoña a pór en marcha medidas de formación de creadores de
ferramentas móbiles para Android. En termos máis concretos e
respondendo a este obxectivo de facer colectividade, Google
vén de asociarse con Udacity para dar forma a un curso para novos
desenvolvedores de ferramentas para a súa plataforma. A idea,
unha vez máis, é facerlle a contrapartida a Apple, que segue a ser
cos seus sistemas iOS o principal reclamo dos creadores de
aplicacións.
O curso en cuestión,
amosado baixo o epÃgrafe Desenvolvemento de aplicacións Android:
Fundamentos de Android, non é en si mesmo un conxunto de pasos a
seguir para iniciarnos no camiño da programación para o dito
sistema. Máis que unha folla de ruta, é un manual para
desenvolvedores que xa coñecen a dirección a seguir, profesionais
xa introducidos e de nivel avanzado. O curso achega unha versión
estándar de base e logo unha versión de pago para aqueles
estudantes que queiran ter un asesoramento máis personalizado por
parte dos profesores de Udacity.