Google Wave ábrese ao público en xeral

xoves, 20 de maio do 2010 Marcus Fernández

O servizo que prometía revolucionar o xeito de comunicarnos a través da Internet, Google Wave, despois dun rotundo fracaso na súa fase de probas, busca unha segunda oportunidade, de relánzase de xeito que agora calquera usuario pode acceder ao mesmo sen invitación, atopando un sistema moito máis rápido e estable, aínda que vai ter moitos problemas para captar a atención dos usuarios despois da decepción que supuxo hai cousa de medio ano.
Dende Google recomendan utilizar Wave para labores que poidan desenvolverse de xeito colaborativo, coma desenvolver aplicacións informáticas, realizar traducións, redactar informes, organizar conferencias ou incluso realizar entrevistas xornalísticas.
Nos últimos meses o servizo xa foi mellorando incorporando prestacións tan necesarias como a notificación por correo electrónico cando alguén actualice un wave, facilita o acceso ás partes pendentes de ler e incluso eliminar participantes engadidos por erro.
Para ilustrar o funcionamento de Google Wave pódese ver o seguinte vídeo no que explican o proceso do traballo en grupo con esta ferramenta:

PUBLICIDADE