Google Voice chega ao iPhone e ao Palm Pre a través dos seus navegadores web

martes, 26 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Google leva meses intentando levar o seu servizo Google Voice ao móbil de Apple, e ante a imposibilidade de facelo a través unha aplicación por mor das supostas reticencias de Apple e AT&T (asunto que incluso provocou unha investigación), conseguiron desenvolver unha aplicación web mediante HTML5 que permite o acceso a este interesante servizo (polo momento só dispoñible en EE.UU.) tanto dende o iPhone (sempre que conte dun firmware 3.0 ou superior) ou os móbiles con webOS (Palm Pre e Pixi).
Aparte de permitir o acceso á caixa de voz de Google Voice, a na aplicación web tamén permite facer chamadas amosando o número telefónico asociado a Google Voice coma orixe da chamada, enviar e recibir SMS de balde e realizar chamadas internacionais a prezos reducidos.
De todos os xeitos hai que destacar que o feito de ter que acceder ao servizo a través dunha páxina web non é posible gozar de prestacións avanzadas como a integración coa axenda do iPhone (o que si podería facer unha aplicación nativa), de aí que os máis interesados en Google Voice probablemente prefiran utilizar un terminais co sistema operativo Android, optimizado para este servizo.


Presentación da aplicación web de Google Voice

PUBLICIDADE