Google Translate amplía o soporte de linguas no seu sintetizador de voz

mércores, 12 de maio do 2010 Marcus Fernández

Google Translate permite escoitar as traducións a distintos idiomas

O servizo de tradución de texto de Google conta cunha característica de grande utilidade coma é a posibilidade de escoitar as traducións a viva voz mediante tecnoloxía text-to-speech que vén de ampliar o seu soporte de linguas, de xeito que xa non só fala en inglés, francés, italiano, alemán, hindú e español, senón que agora tamén pode pronunciar (cun ton robótico) os textos traducidos ao albanés, lingua africáner, catalán, mandarín, croata, checo, danés, holandés, finés, grego, húngaro, islandés, indonesio, letón, macedonio, noruego, polaco, portugués, romanés, ruso, serbio, eslovaco, swahili, sueco, turco, vietnamita e galés grazas á adopción do sintetizador de voz de código aberto eSpeak, que aínda que non ten a mesma calidade de pronuncia en cada lingua, resulta de grande utilidade coma guía para saber cómo se len textos en idiomas pouco coñecidos.

PUBLICIDADE