Google Transit axuda a utilizar o transporte público en Madrid

luns, 19 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

O servizo Google Transit combina as posibilidades de xeolocalización de Google coa información de liñas de transporte público, que leva en probas dende finais de 2005, e que vén de incorporar 50 cidades do mundo: Belo Horizonte, Berlin, Bordeaux, Brasilia, Cairo, Capetown, Caracas, Chicago, Copenhagen, Dallas, Dortmund, Duisburg, Düsseldorf, Ekaterinburg, Essen, Frankfurt, Genoa, Guadalajara, Hamburg, Helsinki, Johannesburg, Kazan, Köln, Lille, Lisbon, London, Lyon, Marseille, Medellin, Mexico City, Monterrey, Montreal, Munich, Naples, Nizhniy Novgorod, Oslo, Paris, Perth, Portland, Porto, Porto Alegre, Prague, Pretoria, Recife, Rennes, Rio de Janeiro, Samara, San Francisco, Santiago, Sao Paulo, Seattle, Strasbourg, Toulouse, Tunis, Vienna, Warsaw e Madrid.
Deste xeito, os madrileños xa poden facer uso desta ferramenta para coñecer detalladamente cómo moverse pola súa cidade facendo uso do transporte público, incluíndo horarios, o que resulta de grande utilidade e que agardemos que se vaia espallando polo resto da xeografía española.

PUBLICIDADE