Google Sync permite acceder a Gmail mediante push
martes, 22 de setembro do 2009
A comezos de ano lanzouse Google Sync coma un servizo que
permite sincronizar os contactos de Gmail e o calendario de Google con
terminais móbiles con Windows Mobile ou S60, asà coma co iPhone e o iPod Touch,
e son precisamente os usuarios dos dispositivos de Apple os que agradecerán que
veñan de mellorar o servizo para incorporar
a tecnoloxÃa push para as mensaxes de
correo de Gmail, o que implica que os usuarios poidan recibilas no
seu terminal de xeito pasivo, ou sexa, que os correos electrónicos irán a parar
case instantaneamente aos dispositivos móbiles sen ter que entrar na aplicación
de correo electrónico para consultar se hai mensaxes novas.
O iPhone incorporou o soporte da tecnoloxÃa push
para poder competir cos terminais Blackberry, pero ata o momento estaba
limitado a contas de correo subministradas por Apple (de pago), e agora tamén
pode empregarse con contas de Gmail, o que agradecerán os usuarios, pois poden
contar asà cunha prestación avanzada sen custos adicionais.
Aparte de no iPhone e o iPod Touch, o correo push de Google Sync tamén
funciona con terminais co sistema operativo Android e incluso co Palm Pre.