Google Reader acepta subscricións a páxinas web sen fluxo RSS

martes, 26 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

A ausencia de fluxo RSS xa non é atranco para recibir as actualizacións dunha páxina web

O lector de fluxos RSS de Google é a aplicación web líder no seu ámbito, e quere manter a súa posición, de aí que non cese de incorporar innovacións, resultando realmente abraiante a última tecnoloxía que incorporar ao servizo, consistente na posibilidade de que os usuarios poidan subscribirse a páxinas web que non conten con fluxos RSS, o que serve para informarse dos cambios de practicamente calquera páxina web (permitindo compensar así a carencia de moitos medios de comunicación que non permiten a subscrición aos seus contidos na web).
Ata o momento xa existían servizos de creación de fluxos RSS para páxinas web que non contase con tal prestación, pero o feito de poder contar con tal posibilidade directamente dende Google Reader, aínda que no momento de escribir estas liñas tal funcionalidade aínda non está dispoñible na súa versión en español, sendo posible realizar as subscricións cambiando o idioma da aplicación a inglés, e conservándoas ao volver a configurar o servizo en español.

PUBLICIDADE