Google Play Games permite capturar e compartir vídeo dende o móbil

xoves, 29 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Os últimos anos os vídeos de xente gozando de videoxogos para analizalos, criticalos, amosar trucos ou simplemente compartir a experiencia con outras persoas foron incrementando a súa popularidade, de xeito que xa son un fenómeno que xera máis de 144.000 millóns de minutos de vídeo ao mes en YouTube, e para facer máis doada a produción destas pezas anuncian que a aplicación de Google Play Games comeza a facilitar a gravación e compartición da gravacións de vídeo de xogos dende o novo dispositivo móbil.
Os usuarios poderán elixir se gravar vídeo a 720p ou 480p, e incluso poderán engadir a súa cara captada en tempo real dende a cámara frontal do deu trebello móbil para así poder realizar comentarios en tempo real que se engadirán ao vídeo , que logo poderá editarse e subirse a YouTube.
Esta nova funcionalidade está polo momento dispoñible para usuarios de EE.UU. e Reino Unido, de xeito que logo irase espallando ao resto de territorios.

Google Play Games fará doado capturar e compartir vídeos de gameplay no móbil

PUBLICIDADE