Google Open Gallery facilita a creación de exposicións virtuais

martes, 10 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Os artistas, museos, arquivos e galerías que queiran amosar as súas exposicións ao mundo teñen agora unha nova plataforma que facilita facelo a través da web, permitindo crear coleccións, exposicións e visitas guiadas, que pode dar pé a un novo espazo na web ou mellorar unha páxina web actual aproveitando a tecnoloxía de Google para poder facer zoom nas imaxes e usar a busca e o filtrado para descubrir o contido como podemos ver en casos como o do Belgian Comic Strip Center, que fixo uso de Google Open Gallery para contar a historia do seu edificio.
Google Open Gallery é unha plataforma aberta a todo o que desexe publicar contido cultural sen ter que preocuparse pola tecnoloxía que precise para facer tal, de xeito que unha entidade que organice unha exposición poderá xuntar imaxes, vídeos, imaxes de Street View e textos neste contorno interactivo para atraer a visitantes e sen custo para as entidades.
Polo momento xa contan con 45 proxectos publicados empregando Google Open Gallery, e os interesados en participar desta iniciativa poden pedir unha invitación para aproveitar esta tecnoloxía para crear exposicións virtuais.


Vídeo no que explican a experiencia da exposición virtual do Belgian Comic Strip Center

PUBLICIDADE