Google News renova a súa versión en inglés

xoves, 1 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O agregador de novas de Google, Google News, vén de renovar a súa versión e inglés cunha portada personalizable de xeito que o usuario pode definir os seus intereses para acceder de xeito rápido e doado aos seus contidos preferidos. Tamén permite elixir as fontes de información que queren lerse con máis frecuencia (o que afectará incluso aos resultados de busca), incorpora atallos de teclado para facilitar a navegación e incluso permite compartir os artigos a través de Buzz, Google Reader, Facebook e Twitter.
Dende Google aseguran que estas novidades irán incorporándose nas versión de Google News noutros idiomas distintos do inglés «nos vindeiros meses».


Vídeo de presentación das novidades en Google News

PUBLICIDADE