Google News incorpora a posibilidade de marcar novas para o seu seguimento

mércores, 3 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O servizo de novas de Google quere engadir máis funcionalidades para os usuarios, de xeito que se accedemos á súa versión en inglés e identificámonos coma usuarios de Google podemos marcar (cunha estrela) as novas que nos interesen en Google News para poder facer un seguimento das mesmas, limitando polo momento esta funcionalidade a 20 elementos recentes.
Resultará curioso ver o éxito desta nova función de Google Noticias, pero resulta evidente a súa utilidade para facer un seguimento máis doado de asuntos de máxima actualidade.

PUBLICIDADE