Google Earth xa permite ver Barcelona en 3D

xoves, 11 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Dende hoxe, a cidade de Barcelona únese a Madrid e Valencia na honra de pertencer ao selecto club de cidades en 3D en Google Earth, o que permite voar virtualmente sobre os seus edificios, contemplando a súa arquitectura, de xeito que monumentos, catedrais, museos, estatuas, torres e outros elementos representativos están reflectidos tridimensionalmente sobre un mapa en relieve.
A representación 3D da cidade é obra de moitos usuarios que crearon modelos dos elementos representados con Google SketchUp e Building Maker, o que é un traballo altruísta digno de recoñecemento, que vese compensado coa experiencia de poder visualizar a cidade condal dun xeito realmente impresionante.

PUBLICIDADE