Google Earth permite voar sobre Valencia en 3D

luns, 16 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Hai cousa dun ano comentamos que Google Earth permitían voar entre os edificios da cidade de New York grazas ao modelado tridimensional da mesma, de xeito que practicamente todos os edificios da illa de Manhattan estaban modelados en 3D para permitir unha exploración aérea da cidade moito máis realista que a que habitualmente permiten as vistas aéreas (que só teñen en conta a altura do terreo e non dos edificios).
Pero a cousa non remata aí, e dende Google anuncian que a cidade de Valencia tamén pode explorarse tridimensionalmente se activamos a capa de Edificios en 3D, o que permite visualizar a cidade a vista de paxaro, coma podemos ver no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE