Google Earth permite seguir en tempo real Santa Claus por todo o mundo

mércores, 24 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Santa Claus xa leva varias horas percorrendo o mundo na súa viaxe para levar agasallos aos nenos de todo o mundo, e este ano os cativos poderán facer un seguimento en tempo real do seu traxecto a través de Google Earth, grazas á colaboración entre Google e o NORAD.
Para realizar o seguimento hai unha páxina web na que se dan as instrucións para a consulta dos pasos de Santa por todo o mundo valéndose de datos rexistrados polo NORAD, servizo herdeiro do CONAND, que comezou a súa labor de información nesta data en 1955, continuando ata hoxe, só que agora, en vez de atender aos nenos por teléfono permiten ver estes datos a través da Internet, e mesmo capturan en vídeo a Santa Claus en distintos lugares emblemáticos para que os cativos o poidan ver despois desta noite máxica.
Continuando coa innovación, este ano tamén pódese achegar información a través de Twitter do seguimento en tempo real de Santa.


Visita de Santa a China vista dende Google Earth

PUBLICIDADE