Google Earth achéganos á Lúa

martes, 21 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Co gallo do 40 aniversario da chegada á Lúa, dende Google queren lembrar que a súa aplicación Google Earth permite explorar a superficie do noso satélite, incorporando tamén un mapa interactivo da Lúa en 3D no que están integrados contidos de distintos tipo coma imaxes, vídeos e outras informacións que resultan de grande interese para os que queiran saber máis da carreira espacial.
Dende Google Earth podemos ver imaxes da superficie luar captadas por satélites adicionais, imaxes de vehículos espaciais (capturadas polo Apollo Metric Camera, a misión Clementine e o Lunar Orbiter), as misións Apollo (podendo rememorar as misións dende o Apollo 11 ao Apollo 17, incluíndo imaxes panorámicas ao estilo Google Street View), visitas guiadas (narradas por Buzz Aldrin e Jack Schmitt), mapas históricos (tanto xeolóxicos coma xeográficos) e os artefactos de exploración empregados en distintas misións e que foron quedando na lúa.


Presentación das posibilidades de exploración luar que ofrece Google Earth

PUBLICIDADE