Google Duo estrea versión web

mércores, 27 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Dende o verán de 2016 é posible empregar dende dispositivos móbiles a aplicación de videoconferencia Google Duo, e aínda que esta ferramenta non está a gozar dun nivel de uso significativo e sendo unha das grandes ignoradas polo público xeral, dende Google sorpréndennos activando, sen anuncio oficial pola súa banda, a súa versión web, de xeito que xa podemos visitar a páxina web do servizo para establecer videochamadas dende o noso equipo informático.
Esta nova ferramenta resulta especialmente práctica se xa somos usuarios de Duo, xa que chega simplemente a identificación coa nosa conta de Google para poder realizar e responder chamadas de voz e vídeo, mantendo sincronizados os contactos que teñamos na aplicación móbil.

PUBLICIDADE