Google Calendar adáptase para funcionar fóra de liña

venres, 6 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Google continúa a adaptar os seus servizos a Google Gears para que funcionen sen acceso á Rede, asemellándose cada vez máis ás aplicacións de escritorio, pero gozando das vantaxes de ser multiplataforma e de non depender dun equipo físico. Tras adaptar Gmail, agora anuncian que o servizo de calendarios de Google tamén pódese consultar sen conexión, pois Google Gears almacena no ordenador os datos da axenda dos últimos 45 días, sendo esta opción compatible con Google Chrome, Internet Explorer 6/7, Firefox 2/3 e Safari 3, aínda que polo momento se limita aos usuarios de Google Apps (agardándose que se aplique a todos os usuarios de Google en breve).
A configuración de Google Calendar para que funcione fóra de liña é igual que con outros produtos de Google, de xeito que tamén poderemos editar ou facer novas anotacións na nosa axenda, que se sincronizarán cos servidores de Google cando recuperemos a nova conectividade á Rede.

PUBLICIDADE