Gol transmitirá as semifinais de LaCopa a través de Facebook

mércores, 1 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

LaLiga e Mediapro veñen de dar un paso adiante moi interesante no que se refire á explotación das retransmisións deportivas e os novos formatos de consumo, xa que decidiron o uso da páxina de Facebook oficial de LaLiga para facilitar a visualización en vivo dos partidos Atlético de Madrid – FC Barceloa e RC Celta – Deportivo Alavés, correspondentes á ida e á volta das semifinais de LaCopa. Deste xeito, Facebook empregarase para achegar o fútbol español a máis de 40 países aos que levarán o sinal de Gol Televisión dun xeito sen precedentes no panorama televisivo estatal.
As retransmisións televisivas de Gol poderán seguirse a través de Facebook nos currunchos do mundo nos que ningún operador de televisión retransmiten os encontros deportivos, facilitando que os seguidores do fútbol español poidan gozar do deporte rei pese a estar en países como Reino Unido, Irlanda, Italia, Islandia, Bélxica, Rusia, Turcomenistán, Taxiquistán, Kirguizistán, Casaquistán, Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Acerbaixán, Usbequistán, Lituania, Letonia, Estonia, Afganistán, Xeorxia, República Checa, Eslovaquia, Ucraína, Myanmar, Corea, China, India, Paquistán, Sri Lanka, Bangladesh, Bután, Nepal, Maldivas, Indonesia, Hong Kong, Singapur, Malaisia, Tailandia, Laos, Camboxa, Vietnam, Australia, Nova Zelandia, Filipinas e Brasil.
No caso español, os encontros de LaCopa poderán seguirse a través da páxina oficial en Facebook de Gol, converténdose así a canle na primeira no territorio español en ofrecer partidos en directo dunha grande competición europea a través de Facebook.

PUBLICIDADE