AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

God of War III chega a España con 35.000 unidades reservadas

mércores 17 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 168.5 KB
Edición de coleccionista do xogo que sortean no blog oficial de PlayStation

Os usuarios da PlayStation 3 teñen marcado no calendario este xoves como a data de lanzamento de God of War III, o que para moitos é o xogo máis agardado para a consola de Sony, coma no seu día foron as anteriores entregas da saga de Kratos, que agora pecharía a súa triloxía por todo o alto. A expectación polo este título é tal que Sony anunciou que é o xogo con máis reservas na historia de España, con 35.000 unidades, o que é un volume realmente elevado se temos en conta que o seu prezo de venda é de case 70 euros, aínda que algún afortunado poderá facerse con el de balde grazas a un concurso que lanzan dende o blog oficial de PlayStation co que optarase pola edición de coleccionista do xogo (que inclúe unha Caixa de Pandora, o xogo, as versións remasterizadas a alta definición das 2 anteriores entregas, contidos descargables, a banda sonora do xogo, postais e un libro de ilustracións).
En vista do interese espertado polo xogo, dende a Fnac adiantáronse e puxérono hoxe mesmo á venda nunha edición especial de coleccionistas que venderán en exclusiva nos centros deste establecemento de Callao (Madrid) e Triangle (Barcelona), mentres que no resto de España haberá que agardar a mañá para facerse co prezado título.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS