Gmail permite desactivar a vista de conversación

xoves, 30 de setembro do 2010 Marcus Fernández

A versión web do correo electrónico de Google destaca entre outras moitas cousas por agrupar as mensaxes que recibimos en conversas, o que agradecen moitos usuarios, pero como cadaquén en o seu criterio, decidiron que esta funcionalidade de Gmail poida desactivarse dende o menú de Configuración nun novo apartado chamado Vista de conversación.
A nova prestación xa debería estar dispoñible para todos os usuarios do servizo, e podería resultar de grande utilidade para quen recibe numerosas mensaxes do mesmo remitente e co mesmo asunto, dando prioridade así á cronoloxía das mensaxes e non á súa temática.

PUBLICIDADE