Gmail permite a lectura doutras contas de correo electrónico accesibles mediante POP

luns, 11 de decembro do 2006 Marcus Fernández

O servizo de correo electrónico de Google, Gmail, está comezando a implantar unha característica coñecida coma Mail Fetcher consistente na lectura de contas de correo electrónico que funcionen mediante servidores de POP3, de xeito que se poden integran no sistema de Google, o que significa unha grande comodidade para os usuarios, que con só entrar en Gmail xa se poden consultar a meirande parte das contas de correo electrónico actuais (que irían dende a de Yahoo! ata a que da Universidade, o traballo ou a que lles dá o seu provedor de acceso á Rede).
Esta nova característica de Gmail estase a incorporar paulatinamente, de xeito que neste momento só poden acceder á mesma un reducido número de usuarios, e tamén conta coa limitación de deixar configurar un máximo de 5 contas de correo POP3, o que é máis que suficiente para a meirande parte dos usuarios, que con tal solución poden aproveitar as vantaxes do uso de Gmail dende as súas outras contas de correo electrónico.

PUBLICIDADE