Gmail integra visor de documentos de Word

luns, 28 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios que reciban documentos adxuntos por correo electrónico estarán encantados coa nova prestación de Gmail, pois o servizo de correo electrónico de Google vén de mellorar o seu soporte de documentos para permitir a apertura de ficheiros de Microsoft Word (.doc e .docx) directamente a través do visor de Google Docs, o que tamén funcionaba con ficheiros en PDF, PPT e TIFF, polo que para a visualización dos documentos ofimáticos non é preciso contar cunha aplicación instalada que permite a súa lectura, á vez que tamén será posible remitir os documentos a Google Docs para a súa edición ulterior.

PUBLICIDADE