Generales2008.info axuda a facer un seguimento das vindeiras Eleccións Xerais

xoves, 31 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Un grupo de blogueiros formado por Xavier Peytibi, Antoni Guitiérrez Rubí, Carlos Guadián e José Rodríguez construíron a páxina web Generales 2008 dende a que recollen as achegas de tódolos cabezas de lista, se permite a consulta das canles en YouTube dos partidos, se ven as últimas entradas de blogueiros que falen sobre os comicios e mesmo se poden ver as últimas twitadas sobre o tema.
Confórmase así un interesante recompilador de información da campaña electoral, que tamén serve coma plataforma para a publicación de artigos sobre ciberpolítica e comunicación política, así coma gráficos sobre a actividade blogueira dos principais candidatos.
Entre os primeiros contidos que se publican nesta plataforma podemos ver unha completa guía de recursos para seguir as eleccións do 9 de marzo a través da Internet, así como tamén fan un balance da bloguerización dos políticos (estimando que só o 15% dos candidatos contan con blog de seu).

PUBLICIDADE