Gametrak Freedom: o mando con sensores de movemento para a Xbox 360 e a PS3
mércores, 17 de setembro do 2008
O mando da Wii
supuxo toda unha revolución para o mundo do lecer electrónico, e In2Games quere levar a mesma
experiencia de xogo á PS3 e á Xbox 360, polo que anunciou que en 2009 venderá o
Gametrak
Freedom, un mando con sensores de movemento que emprega dúas barras
con sensores para conectar á consola por USB (o que serÃa o equivalente á motion bar de Nintendo) e o mando en si
mesmo, que integra acelerómetros de 3 eixes e tecnoloxÃa de radiofrecuencia e
frecuencias ultrasónicas para capturar a posición do controlador sen apuntar
necesariamente á pantalla.
O Gametrak Freedom promete unha precisión moito maior á do mando básico da Wii
(que se poderá mellorar en breve cun accesorio) aÃnda que queda por ver cal
será a reacción do sector, pois para que un dispositivo deste tipo trunfe
precisa de xogos que tiren proveito do mesmo.