Galicia é a terceira comunidade con menos conexións a Internet nos fogares

luns, 2 de abril do 2007

Segundo a última enquisa sobre equipamento e emprego de tecnoloxías da información e da comunicación nos fogares españois publicada polo INE, Galicia é a terceira comunidade que menos se conecta a Internet, seguida moi de preto por Estremadura e Castela a Mancha.
O 40,4 por cento dos galegos de entre 16 e 74 anos empregaron a Rede de Redes algunha vez na súa vida, cifra que tan só supera a Estemadura cun 36,7 por cento e a Castela a Mancha, cun 39,8 por cento.
No que respecta ó acceso a Internet dende os fogares, Madrid é a comunidade autónoma que encabeza a listaxe, cun 54,3 por cento de vivendas con conexión, mentres que Galicia figura de penúltima con só un 30,7 por cento de fogares conectados.

PUBLICIDADE