Galicia é a quinta comunidade autónoma en uso de Alexa

xoves, 16 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

Alexa chegou a España oficialmente en 2018 e neste tempo non deixou de medrar grazas, en parte, ao pulo que lle deron os usuarios galegos, segundo comentou hoxe na Coruña o responsable de negocio de Alexa en España, Andrés Pazos, que tamén apuntou que Galicia é a quinta comunidade autónoma en número de interactuou con Alexa durante o último ano, incrementando un 20% o número de usuarios no último ano.
Galicia suma máis de 206 millóns de interaccións con Alexa nos últimos doce meses, un 33% máis que o ano anterior. A Coruña ocupa o primeiro posto na clasificación galega, con 100 millóns de solicitudes a Alexa. Séguenlle: Pontevedra, Lugo e Ourense á cola. Se analizamos o crecemento respecto ao ano anterior, A Coruña tamén está á cabeza cun 34% máis de interaccións.
“Os usuarios galegos utilizan cada vez máis a Alexa e en máis variedade de ocasións: con máis de 206 millóns de interaccións no último ano, Alexa axúdalles en tarefas do día a día como preparar a lista da compra do súper, xestionar os seus dispositivos de fogar dixital, ou para relaxarse ou entreterse. Todo isto fainos confiar en que estamos no camiño correcto”, comenta Andrés Pazos.

Alexa, unha máis na vida dos galegos

Alexa chegou a España co obxectivo de facer máis doado e entretido o noso día a día. Hoxe, moitos usuarios elixen arrincar o día con ela, entre eles, os galegos, que durante o último ano déronlle os bos días a Alexa máis de medio millón de veces. Tamén lle desexaron boas noites en máis de 125 mil ocasiones e, por suposto, foron moitos os que lle agradeceron o seu labor: os usuarios desta rexión déronlle as grazas case medio millón de veces no último ano.
Ademais, estar informados e ao día do que ocorre parece ser unha tendencia dos usuarios de Alexa en Galicia, pois foron máis dun millón de ocasións as que lle consultaron as noticias. Moitos deles tamén confiaron en Alexa para coñecer a previsión do tempo, sumando un total de 5 millóns de solicitudes. Ademais, axudou a que non se lles escape nada importante grazas aos recordatorios, que se programaron en case medio millón de ocasións no último ano, por exemplo “Alexa, lémbrame a cita da ITV” ou “Alexa, lémbrame sacar a roupa da lavadora”.
Máis aló das tarefas do día a día, Alexa soubo tamén acompañar en momentos de desconexión e entretemento: foron máis dun millón de veces as que os usuarios en Galicia xogaron coas Skills de Alexa (que son funcionalidades adicionais que se activan por voz), un 29% máis que o ano pasado.

Alexa no centro do Hogar dixital

En Galicia, son moitas as veces en que os usuarios que contan coa axuda de Alexa para xestionar os seus fogares intelixentes. En concreto, no último ano rexistráronse nesta comunidade 27 millóns de interaccións vinculadas ao Hogar dixital, como peticións a Alexa para acender ou apagar as luces ou regular o termostato, por exemplo, dicindo: “Alexa, sobe a temperatura a 20 graos”. Ademais, as Rutinas de Alexa tamén son moi útiles para automatizar tarefas do día a día como pode ser definir que, ao dicir “Alexa, empeza o meu día”, Alexa dea as noticias, acenda as luces e active a cafeteira conectada. Tan só no último ano, os usuarios de Alexa en Galicia activaron 29 millóns de rutinas (un 38% máis que o ano anterior).

Mellor xestión do tempo con Alexa

Din que o tempo é ouro e Alexa tamén axuda a xestionalo mellor. En Galicia, no último ano, programáronse case tres millóns de temporizadores e 3 millóns e medio de alarmas. A configuración destes avisos parece estar cada vez está máis instaurada na vida dos usuarios galegos, os que, só dicindo “Alexa, pon un temporizador de 5 minutos”, ou “Alexa, espértame mañá ás 7”, poden xestionar o seu tempo só coa voz. Mostra diso é o crecemento destas funcionalidades nun 54% respecto ao ano anterior.
Alexa tamén se converteu na compañeira favorita de moitos á hora de ir ao supermercado. Son preto de 2 millóns de produtos os que os usuarios de Galicia engadiron ás súas listas da compra a través de Alexa no último ano. A posibilidade de facelo só pedíndoo facilita a tarefa de crear longas listas que, a golpe de “Alexa, engade polbo á lista da compra”, fai que todo o necesario para o menú semanal quede gardado sen esforzo. E, cando esteamos no supermercado, poderemos consultar os elementos facilmente na app Alexa ou pedirlle que nos lea a lista se usamos auriculares con Alexa, como os Echo Buds.

Millóns de horas de música reproducidas en Alexa

A música forma parte de momentos inesquecibles nas nosas vidas. Moitos recorren a Alexa para relaxarse e gozar dos seus temas favoritos: tan só no último ano en Galicia reproducíronse máis de 10 millóns e medio de horas de música a través de Alexa. A canción máis demandada polos usuarios desta rexión, coincidindo coa do resto de España, foi Taconos Rojos, de Sebastián Yatra e, entre os artistas máis pedidos, atópanse as locais Tanxugueiras.
Outra das ocasións nas que Alexa tamén axuda aos galegos é cando queren comunicarse con outros usuarios: no último ano, realizáronse máis de medio millón de chamadas.
A relación entre Alexa e Galicia vai aínda máis lonxe cando o servizo de voz de Amazon activa o seu modo galego, unha sorpresa para todos os usuarios da rexión. Para desbloquealo, hai que pedirlle: “Alexa, activa o modo galego” e pasar o xogo de preguntas relacionadas con Galicia. Con tres acertos, os usuarios gozarán do modo máis riquiño. E que maior proba de que o vínculo entre Alexa e a rexión atravesa un momento doce que o 257 mil veces que os usuarios galegos dixeron “Alexa, quérote”.

PUBLICIDADE