Galicia contará este verán cunha ducia de drons para pór freo aos incendiarios

mércores, 1 de xullo do 2020 S. P.

O Goberno galego anunciou este primeiro de xullo que vai reforzar os medios de loita contra o lume con dez drons, con vistas á tempada de alto risco deste verán. Estes dispositivos aéreos non tripulados súmanse aos dous cos que se contaba no período anterior.
Será, polo tanto, unha ducia de aparellos dispostos para localizar incendiarios e mellorar a vixilancia preventiva, a detección e a extinción de lumes, así como dar apoio ao traballo que desenvolven as Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (BIIF).
Así o destacou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que xunto ao conselleiro do Medio Rural, José González, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presidiron a reunión do Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG) para este ano 2020, un equipo de traballo creado coordinar as actuacións da Xunta e do Goberno central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de sumar sinerxías e minimizar os danos ocasionados por esta lacra que afecta ao noso patrimonio forestal.

PUBLICIDADE