Galicia contará cun novo punto neutro de tráfico da Internet en 2025
xoves, 11 de abril do 2024
- Inauguración de GALNIX en 2003
No ano 2003 inaugurouse no CESGA o punto neutro de intercambio de tráfico da Internet en Galicia, GALNIX, coa esperanza de achegar un acceso máis rápido a información contida nos servidores conectados á Rede en Galicia, contando coa participación do CESGA, Comunitel Global, Jazz Telecom, R Cable, Telecomunicaciones Galicia e Redegal.
Esta interesante iniciativa foi esmorecendo, e agora pretende retomala unha sociedade participada polas empresas galegas cloud.gal, Rede Aberta e Norvoz Telecom, que procuran non só unha mellora do acceso á Internet e a transformación dixital de todo o ecosistema empresarial galego, senón que tamén quere reducir a dependencia doutros centros en localizacións afastadas como Madrid ou Barcelona.
- Rede Aberta, cloud.gal e Norvoz Telecom son as empresas que promoven o novo punto neutro galego
O proxecto botará a andar a primeiros de 2025, para o que conta cunha subvención do IGAPE, xa que considera que contribúe a mellorar a experiencia dixital de toda Galicia, amais de impulsar a transformación dixital, con especial atención ao ámbito rural, sectores emerxentes e pemes.
O novo punto neutro de Galnix estará localizado en Santiago de Compostela e permitirá a redución de até un 75% da distancia que os datos deben percorrer, mellorando a latencia na navegación pola Internet e incrementando a interconectividade entre operadores do ecosistema galego.
O investimento estimado para Galnix será de 2,1 millóns de euros, conta con respaldo de 26 institucións e empresas, asà como tamén conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, 13 operadores de telecomunicacións, os 2 Hubs de innovación dixital, os clústeres de automoción, enerxÃas renovables, e TIC, e os colexios profesionais de Telecomunicacións, Informática e EnxeñarÃa Industrial.